Joaquín Fugarolas Marbán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de novembro de 1896 Lugo, España |
Morte | 5 de xullo de 1967 (70 anos) Cidade de México |
Actividade | |
Ocupación | gandeiro, político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Joaquín Fugarolas Marbán, nado en Lugo o 30 de novembro de 1896 e finado en Cidade de México o 5 de xullo de 1967, foi un gandeiro e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Gandeiro, exportador de gando vacún. Membro da Sociedad de Oficios Varios da UGT dende novembro de 1930 e afiliado á Agrupación Socialista de Lugo. Foi elixido concelleiro de Lugo na repetición das eleccións municipais o 31 de maio de 1931.[1] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Lugo de onde puido fuxir embarcando á Habana desde onde se trasladou a Valencia e despois a Barcelona. Prestou servizo no Ministerio de Agricultura e na Subsecretaría de Armamento. Finalizada a guerra exiliouse en Francia cruzando a fronteira por Le Perthus o 9 de febreiro de 1939. Estivo internado no campo de concentración de Saint Cyprien ata o 13 de xullo que embarcó no Mexique no porto de Pauillac (Gironde) rumbo a México, chegando a Veracruz o 27 de xullo. Residiu en Cidade de México onde foi conserxe do Instituto Hispano-Mexicano Ruiz de Alarcón. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1943.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Lugo con Mercedes Soilán Carreirá.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de la Verdad, 2-6-1931, p. 8.
- ↑ BOP Lugo, 11-10-1943, p. 2.
- ↑ Ficha en Registro Nacional de Extranjeros en México